Presentación do novo libro de Mercedes Queixas en Cambados

Categoría: Nova

As librarías Contos e Ramón Cabanillas de Cambados, e a Editorial Galaxia organizan a presentación do libro de Mercedes Queixas Zas, Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María, que se celebrará o vindeiro venres 1 de abril ás 20 horas no Auditorio municipal (Rúa San Francisco s/n). A autora estará acompañada pola representante da Editorial Galaxia, Pichi Suarez Vicente. Durante o acto actuarán os cantautores Xoán Silva e Blas.
Na ligazón á dereita destas liñas recuperamos a entrevista que, no seu día, fixémoslle á autora onde nos ofrecía as claves esenciais do seu libro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email