Manuel María, o novo premio Blanco Amor…

Categoría: Nova

Onte xoves foi un día intenso de actividade para a Editorial Galaxia, pois ata tres libros foron presentados en distintos lugares do país.
Asi, por unha banda, en Lugo fixemos presentación, da man do noso director xeral Víctor F. Freixanes, da Antoloxía da obra de Manuel María, preparada por Darío Xohán Cabana e Amalia Outeiro Portela e, por outra, a biografía que preparou Mercedes Queixas Zas do chairego. O acto celebrouse na librería Trama.
Mentres, en Vigo, o escritor Xavier Queipo, acompañado polo tamén autor, Xosé Monteagudo, e o director literario de Galaxia, Carlos Lema, presentaban o novo premio Blanco Amor. Foi na librería Andel.
No noso blogue deixamos crónica fotográfica de ambos os actos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email