Estás aquí:

Código: 18871

Galaicofobia

22,95  IVE INCLUIDO

Desde unha profunda vocación didáctica, en Galaicofobia afóndase no coñecemento dun fenómeno tan experimentado pola sociedade galega como poucas veces nomeado: o desprezo polo pobo galego. A través das súas páxinas, o autor deita a súa ollada nos numerosos testemuños literarios que ao longo da historia mostraron as súas filias e, sobre todo, as súas fobias contra Galicia, a súa lingua e a súa cultura.

Nesta viaxe no tempo descubrimos non só a orixe e evolución da galaicofobia, senón tamén unha serie de tópicos antigalegos, crueis e ridiculizadores, nacidos na Meseta castelá. Esta é, en definitiva, unha obra clara e sintética que dá resposta á eterna pregunta que boa parte da sociedade galega leva facéndose moito tempo: por que nos tratan así? 

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 190
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 22/03/2024
Dimensións 150 x 230 mm.
Colección: Ensaio
Nº na colección: 126
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-138-3
Observacións: 3ª impresión setembro de 2024

AUTORES/AS

Peres Vigo, Alexandre
Alexandre Peres Vigo

(Trasancos, 1982) é licenciado en Humanidades e doutor en Filoloxía Galega e Portuguesa. Profesor na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, alén de artigos de investigación, participou nos volumes Estudos actuais de lingüística galego-portuguesa (2019) e Personaxes da Galiza medieval II (2023), ao tempo que é autor e coautor de obras como Do ódio à paródia: o estereótipo antigalego na literatura espanhola do século XVII (2023), Pedro Pardo de Cela. Vida, morte e memoria dun nobre galego (2023) e Os reis e as raíñas da Galiza (2024). A súa principal liña de estudo é o estereotipo antigalego e a galaicofobia, así como as implicacións literarias, históricas e sociolingüísticas destes fenómenos. Forma parte do Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega, UDC (ILLA).

As súas obras

Galaicofobia
9788411761383
22.95€ CON IVE

COLECCIÓN

Ensaio

A arte do imposible
arte
25.40€ CON IVE
A condición homosexual
foto
22.95€ CON IVE
A cuestion ambiental en Galicia
ac uestion ambintal
28.60€ CON IVE
A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile
etapa portuguesa colon
21.40€ CON IVE
A Galicia clásica e barroca
foto
23.90€ CON IVE
A imaxe de Galicia e os galegos na literatura castelá
9788471548832
esgotado
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
30.50€ CON IVE
A literatura galega contada aos escépticos
9788411762007
14.80€ CON IVE