(Trasancos, 1982) é licenciado en Humanidades e doutor en Filoloxía Galega e Portuguesa. Profesor na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, alén de artigos de investigación, participou nos volumes Estudos actuais de lingüística galego-portuguesa (2019) e Personaxes da Galiza medieval II (2023), ao tempo que é autor e coautor de obras como Do ódio à paródia: o estereótipo antigalego na literatura espanhola do século XVII (2023), Pedro Pardo de Cela. Vida, morte e memoria dun nobre galego (2023) e Os reis e as raíñas da Galiza (2024). A súa principal liña de estudo é o estereotipo antigalego e a galaicofobia, así como as implicacións literarias, históricas e sociolingüísticas destes fenómenos. Forma parte do Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega, UDC (ILLA).