Estás aquí:

Código: 2688

Fogar impronunciable. Poesía e pantasma

22,20  IVE INCLUIDO
A pantasma como chave de acceso á análise das conexións entre literatura, historia e ideoloxía.
A poeta María do Cebreiro volve ao eido do ensaio con Fogar impronunciable para pensar Galicia desde a literatura. Desta volta, logo de As terceiras mulleres, o seu anterior libro de ensaios, reflexiona sobre a desaparición e a literatura como un dos mecanismos de representación histórica. Neste contexto, o poético quedaría definido como "a zona de resistencia e de desafío aos enunciados da política formal, mesmo cando esta se presenta como contrapoder".

María do Cebreiro Rábade Villar estuda en Fogar impronunciable as implicacións políticas das figuras espectrais na poesía galega, procurando na representación das pantasmas síntomas dunha perda colectiva que aínda non foi reparada e analizando o modo no que a propia cultura galega funcionou historicamente dun xeito espectral. Como pano de fondo, a tensión entre a condicionalidade precaria dos espectros e as demandas dunha identidade colectiva "estable". Dun modo paradoxal, algúns dos escritores galegos máis canonizados pola historiografía galeguista non se debuxan como creadores de narrativas colectivas, senón como forxadores dunha misteriosa comunidade de pantasmas que dalgún xeito aínda nos fala.

Da Comedia de Dante ao Hamlet de Shakespeare, dos Espectros de Henrik Ibsen á "Estranxeira na súa patria" de Rosalía de Castro, a figuración espectral acadou un grande relevo na literatura do pasado e segue a resoar na do presente. Mais só recentemente a pantasma ten sido estudada como chave de acceso ao estudo das conexións entre literatura, historia e ideoloxía.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 216
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 17/03/2011
Dimensións 135 x 210 mm. mm.
Colección: Ensaio
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-303-8
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

Eventos relacionados con este libro

AUTORES/AS

Rábade Villar , María do Cebreiro
María-do-Cebreiro-©Laura-Dalama

María do Cebreiro (Santiago de Compostela, 1976) é poeta e profesora de Teoría da Literatura e Literatura Comparada na Universidade de Santiago de Compostela. É autora de ensaios, antoloxías e de máis dunha ducia de poemarios entre os que destaca a triloxía composta por Os inocentes (2014), O deserto (2015, Premio da Crítica Española e Premio da Crítica de Galicia), e A lentitude (2017).

As súas obras

A herba de namorar
a-herba-de-namorar
16.00€ CON IVE
As terceiras mulleres
as terceiras mulleres
16.30€ CON IVE
Os hemisferios
hemisferios
13.95€ CON IVE
Fogar impronunciable. Poesía e pantasma
fogar
22.20€ CON IVE

COLECCIÓN

Ensaio

A arte do imposible
arte
25.40€ CON IVE
A condición homosexual
foto
22.20€ CON IVE
A cuestion ambiental en Galicia
ac uestion ambintal
28.60€ CON IVE
A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile
etapa portuguesa colon
20.65€ CON IVE
A Galicia clásica e barroca
foto
22.95€ CON IVE
A imaxe de Galicia e os galegos na literatura castelá
9788471548832
esgotado
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
29.60€ CON IVE
A lume manso. Estudios sobre historia social da alimentación
lume manso
20.00€ CON IVE