
María do Cebreiro (Santiago de Compostela, 1976) é poeta e profesora de Teoría da Literatura e Literatura Comparada na Universidade de Santiago de Compostela. É autora de ensaios, antoloxías e de máis dunha ducia de poemarios entre os que destaca a triloxía composta por Os inocentes (2014), O deserto (2015, Premio da Crítica Española e Premio da Crítica de Galicia), e A lentitude (2017). No ano 2004 publicou o libro infantil Dona e don (Galaxia); en 2005 publicou o ensaio Terceiras mulleres (Galaxia) e o ano seguinte o poemario Os hemisferios (Galaxia), ao que seguiu A herba de namorar (Galaxia, 2019). En 2011 publicou o ensaio Fogar impronunciable. Poesía e pantasma, ao que seguiría Maternidades virtuosas. Unha crítica aos modelos profesionais de crianza (Galaxia, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, 2021).
É autora do ensaio introdutorio de 8 ensaios sobre Rosalía, publicado co gallo do 75 aniversario da Editorial Galaxia.