Estás aquí:

Código: 1430

Escritos políticos da época republicana

17,50  IVE INCLUIDO
Limiar de: xosé M. Núñez Seixas
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao foi un mito e símbolo non só do movemento galeguista e da memoria da Galicia republicana, senón tamén da diáspora galega e da denuncia dos andazos que aflixían o país. Tamén foi un activo militante do nacionalismo galego desde as Irmandades da Fala, parlamentario nas Cortes Constituíntes da II República, líder do Partido Galeguista, deputado pola Fronte Popular en febreiro de 1936, líder comprometido coa defensa da República e da autonomía de Galicia, líder da comunidade galega na Arxentina e do galeguismo exiliado, fundador do Consello de Galiza, ministro no Goberno de José Giral e referente moral e político do galeguismo no desterro ata a súa morte en Bue-nos Aires. Recóllense neste libro os seu principais escritos políticos durante a época republicana (1933-1939), onde se reflicten todas as súas facetas en defensa da identidade de Galicia e das súas xentes.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 180
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Biblioteca Nós
Nº na colección: 11
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-738-2
Observacións:

AUTORES/AS

Castelao, Alfonso Daniel
Castelao

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo 1886-Bos Aires 1950) é unha das personalidades máis ricas e fecundas do movemento galeguista. Licenciado en Medicina, abandonou moi cedo a práctica desa profesión para dedicarse ás que eran as súas verdadeiras vocacións: a arte e a reivindicación integral de Galicia. A súa actividade desenvolveuse na creación literaria, no xornalismo gráfico, na pintura, no teatro e na política. Membro destacado da Xeración Nós e home comprometido, no marco do Partido Galeguista, coa defensa da autonomía para Galicia e coa causa republicana, a súa figura alcanzou co paso do tempo unha dimensión mítica. Entre as súas obras máis importantes están Cousas, Cousas da vida, Os vellos non deben de namorarse, Os dous de sempre, Sempre en Galiza e Retrincos.

En 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra Ben de Interese Cultural.

As súas obras

Cousas da vida. Mulleres
foto
esgotado

COLECCIÓN

Biblioteca Nós

Alen. Servidume da treva
9788491517795
17.50€ CON IVE
Alfonso R. Castelao. A forxa dun mito
9788491517412
17.50€ CON IVE
Antífona da cantiga
9788491515777
17.50€ CON IVE
Co pensamento na patria. Escolma de artigos
9788491515630
23.00€ CON IVE
Diario 1921
9788491515791-1
20.20€ CON IVE
Do ermo
9788491517405
17.50€ CON IVE
Ensaios sobre Galicia
9788491517771
17.50€ CON IVE
Entre a vendima e a castañeira
9788491514824
17.20€ CON IVE