Noutrora erixíanse brillantes castelos de cristal máis aló do ceo. Agochaban todo tipo de historias e segredos: os contos que a noite recitaba, as lembranzas dalgunha serea, o po das estrelas fugaces... mesmo o cantar das ondas. Mais os castelos de cristal estaban destinados a romper e a caer. Deles xa só quedan fragmentos esparexidos polo mundo e polo tempo, á espera dalgún camiñante que se atreva a internarse no caos e recolla os restos desas historias perdidas.
Sandra Ferreiro constrúe, en Castelos de cristal, uns relatos que invitan á lectura pausada e reflexiva a través dunha prosa poética chea de profundidade e sosego.
(A Estrada, 2000) é graduada en Lingua e Literatura Galegas pola Universidade de Santiago. Escribe desde pequena e gañou e recibiu varias mencións en diversos concursos de relatos.
Gústalle compartir na rede o seu proceso de escritura, onde tamén mostra algunhas das súas creacións literarias, entre as que sempre anda perdida…
Podes seguila en: @sandra_fega (Instagram e Twitter)