Estás aquí:

Código: 2782

Camiños sen fin

15,50 € IVE INCLUIDO
Novela de iniciación portagonizada por un rapaz que deixa os estudos para facerse mariñeiro
Esta novela foi gañadora do II Premio Abril de narrativa para a mocidade, co título Letía, palabra que se refire a ese breve e enigmático momento de calma que ás veces ten lugar en medio dunha grande tempestade. O protagonista da novela é un rapaz que decide deixar os estudios e facerse mariñeiro. Para esta decisión atopa varios puntos de referencia: o seu pai, modesto mariñeiro de baixura, e un tío seu que é un auténtico lobo de mar que todo adolescente admira. O mar semella transformarse en símbolo da vida mesma: o seu límite está sempre á vista e, non obstante, sempre inabarcable. ¿Que sorpresas traerá ó protagonista? ¿Acertou coa súa decisión?

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 144
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións 138 x 209 mm.
Colección: Costa Oeste
Nº na colección:
Edición: 2ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-388-5
Observacións:

AUTORES/AS

Marín Estrada, Pablo Antón
1185794065marin_estrada,_pablo_anton

Pablo Antón Marín Estrada (Sama de Langreo, 1966) é un escritor asturiano.

Estudou filoloxía na Universidade de Oviedo e é un dos máximos expoñentes do movemento asturianista ao redor de Conceyu Bable en último cuarto do século xx. É fundador da asociación literaria O sombreru de Virxilio e é un dos principables colaboradores da emisor alternativa Radio Krass.

É autor dos volumes de poesía Despidida, Suburbia, Animal estrañu, Os baños do Tévere, Outra Edá, Un tiempu meyor e Díes d’inocencia. Tamén publicou as novelas Mientres cai a nueche, A boca puerca, Os camiños ensin fin e A ciudá encarnada.

Tamén é autor dos libros de relatos Secretos e dous sombres, Nubes negres, Esa lluz que naide nun mata e Xente d’esti mundu e do otru.

Outras das súas obras son a peza teatral Cando Artur marchou á illa d’Avalón e l’amuesa de versións poétiques. En 2003 a editorial Debate publicou a tradución ao español do Amor da Habana, obra miscelánea que recolle textos narrativos dispersos e publicados orixinalmente en asturiano.

Á beira da súa actividade editorial e xornalística, impartiu diversos talleres de creación literaria e de fomento á lectura, sendo o máis recente destes en outubro de 2011 na Universidade Internacional de Andalucía de Sevilla.

As súas obras

Camiños sen fin
foto
15.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Costa Oeste

2044
2044
18.30€ CON IVE
A besta moura
besta
13.60€ CON IVE
A boca do monte
A boca do monte
15.50€ CON IVE
A cámara escura
9788491515838
10.80€ CON IVE
A derradeira bala
a-derradeira-bala
12.95€ CON IVE
A desaparición de Evelyn
desaparicion evelyn
15.40€ CON IVE
A dona de Auria
9788411760140
15.90€ CON IVE
A era de Lázaro
era lazaro
12.85€ CON IVE