Xan Carballa (Vigo, 1960) comezou a colaborar como fotógrafo en A Nosa Terra a finais de 1977, incorporándose á redacción, como xornalista, en 1982. Entre 1984 e 1996 coordinou os suplementos monográficos 'A Nosa Cultura', dedicados aos principais autores da literatura galega, e a colección 'A Nosa Historia'. Foi director de Edicións A Nosa Terra (2004-2006) e subdirector do semanario (2007-2010). É coautor, con Santiago Prol, do libro Conversas con Francisco Carballo (2002).