Naceu no Barco de Valdeorras, onde a súa infancia e primeira mocidade e onde se iniciou como xornalista con colaboracións esporádicas na emisora comarcal Ondas del Sil. Logo de cursar periodismo en Madrid, traballou en diversos xornais, axencias de prensa, radios e revistas, sendo enviado especial en acontecementos internacionais, como a cobertura informativa do asasinato de Kennedy. Dirixiu o Diario Montañés de Santander e, de volta a Madrid, foi redactor xefe, subdirector e director de Pueblo. En 1969 ingresou en TVE, onde dirixiu os telexornais de fin de semana. Despois de oito anos de correspondente de TVE en Lisboa, creou e dirixiu a segunda canle de Canal Sur. Entre outros títulos, é autor dos libros ¿Caerá Allende?, El ocaso del general, Armenios, el genocidio olvidado e La bomba (1980), no que conta o grave atentado con goma-2 que sufriu na Gran Vía madrileña. En 2015, este último foi adaptado ao cinema polo director francés Robert Guediguian co título Une histoire de fou.