José Antonio Gurriarán presenta "As mulleres do monte" no Barco

Categoría: Nova

O de onte foi un concurrido acto no que tamén participaban, canda o autor, a concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta; Xosé Manuel Soutullo en representación de Galaxia; Aurelio Blanco Trincado, presidente do Instituto Instituto de Estudos Valdeorreses; Ricardo Gurriarán, historiador; e Santiago Macías, fundador da ARMH. Todos eles coincidían en destacar o labor de investigación realizado polo autor e o valor da obra como instrumento de reconstrucción da memoria.
Ao finalizar, numerosas persoas se achegaban a José Antonio Gurriarán para saudalo e pedirlle que asinase os exemplares deste libro, que é ademais o primeiro que o autor publica en galego (cunha tradución realizada por Felipe Senén).

Comparte nas túas redes sociais ou por email