Hoxe, centenario de don Xaime

Categoría: Nova

Dende hai unhas semanas está aberta na Casa Galega da Cultura de Vigo unha exposición sobre a vida e a obra de Xaime Isla Couto. Tamén, recentemente, publicamos a fotobiografía titulada, coma a exposición, 'Xaime Isla. Raíz e utopía de Galicia'. Son dúas das moitas acccións que este ano homenaxearán a un dos fundadores da Editorial Galaxia e persoa clave para entendermos o noso país.
Un 23 de outubro de 1915 nacía en Compostela. 100 anos despois o seu legado, e o seu exemplo, seguen inspirándonos, na Editorial, para seguirmos soñando o futuro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email