Grande éxito de Rocío Leira na presentación do seu libro en Santiago

Categoría: Nova

A escritora Rocío Leira presentou onte, na librería Cronopios de Santiago, a súa novela, publicada na nosa colección Árbore 10 anos, O BECHO QUE QUERÍA COMER Á AVOA. A autora estivo acompañada da tamén escritora Eli Ríos (que o ano que vén publicará novela infantil en Galaxia) e o escritor e editor Francisco Castro. A librería ficou pequena para acoller a todo o público que quixo achegarse a acompañar a esta profesora de matemáticas que, malia a súa querenza polos números, aparece como unha brillante voz das letras galegas.
No noso blogue deixamos unha galería de fotos da xornada.

Comparte nas túas redes sociais ou por email