José Antonio Gurriarán presentará o seu libro AS MULLERES DO MONTE mañá na Coruña acompañado de Felipe Senén e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes.
O libro afonda no papel das mulleres dos maquis despois da Guerra Civil e como daban refuxio ou apoiaban aos fuxidos. Moitas delas levaban, practicamente, o peso do Servicio de Información da República. É o caso, por exemplo, de Matilde Franco, de Cacabelos, hábil para obter información sobre as operacións ‘antiguerrilla’ da Guardia Civil.