Velaquí a introdución xeral e o resumo do conxunto dunha obra de nove volumes que, con este mesmo título, teñen como fío condutor a crise da civilización e a posibilidade dunha rectificación consciente do seu curso.
Tal cambio consciente é o que o autor denomina inflexión, como interpretación realista e finitista do vello e case esquecido mito da revolución.
Deses nove títulos, o que ocupa o terceiro lugar, A submisión das masas, obtivo o Premio Ramón Piñeiro 2002.

Basilio García (Vigo, 1942) asina habitualmente as súas obras como Basilio Lourenço Fondevila. Foi mestre de Educación primaria. Durante os anos 70 participou na fundación do colectivo CIES. Entre as súas obras destaca O nacionalismo galego e o futuro do nacionalismo, e A submisión das masas, premio de ensaio Ramón Piñeiro. No ano 2008 publicou en Galaxia o ensaio Ao final do infinito e no 2013 Paradigma e tempo na física teórica.