Escoller onde buscar

García Turnes , Beatriz

BEATRIZ-GARCÍA-TURNES-196x220
García Turnes , Beatriz

(Santiago de Compostela, 1973) é doutora en Filoloxía Galega. Escribe dende adolescente e gañou premios como o Repsol de relatos curtos, o Camilo José Cela e o Minerva. A súa primeira novela, Valdamor (Galaxia, 2001), recibiu o Premio Lecturas da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). En Galaxia publicou tamén o discurso para as Súas Maxestades O libro dos Reis Magos (2012).

É autora das monografías A lingua galega entre 1875 e 1916. Situación social e consciencia idiomática (2004) e Vida e obra de Ramón Piñeiro (2009). Tamén é coautora do Diccionario gallego-castellano, castellano-gallego (2001) e do ensaio Antera de Quental e Teófilo Braga e a súa relación coas letras galegas (2016). O ouro das lúas (2018) foi a súa última novela publicada, destinada tamén ao público xuvenil.

As súas obras

Vida e obra de Ramón Piñeiro
vida ramon
descatalogado
Diccionario Gallego-Castellano, Castellano-Gallego
diccionario mini
13.40€ CON IVE
Valdamor
valdamor
esgotado
O ouro das lúas
o-ouro-das-luas
16.00€ CON IVE