Estás aquí:

Código: 19469

A batalla do futuro. Unha biografía de Ramón Piñeiro

38,00 € IVE INCLUIDO

Ramón Piñeiro (Láncara, 1915 - Castropol, 1990) foi unha das figuras intelectuais máis relevantes da súa xeración e do século XX en Galicia. O seu labor como intelectual acabou cedendo paso a un activismo comprometido co país e coa cultura, e xogou un papel fundamental como pedagogo, ideador e estratega.

Quen foi director literario de Galaxia, resultou ser peza clave na resistencia antifranquista e cultural e na construción dunha Galicia democrática e autónoma, de par que loitou pola extensión do prestixio e dos usos da lingua de noso, contribuíndo coa súa obra a crear un pensamento galego propio, promovendo a análise da economía do país e impulsando un segundo rexurdimento da literatura galega despois da guerra.

Nesta obra, Beatriz García Turnes ofrece unha biografía actualizada que recolle as novidades e os achados que se foron facendo nos últimos anos ao redor do galeguista de Láncara.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 726
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 27/10/2026
Dimensións 150 x 220 mm.
Colección: Grandes Biografías
Nº na colección: 8
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-639-5
Observacións:

AUTORES/AS

García Turnes, Beatriz
BEATRIZ GARCÍA TURNES

Beatiz García Turnes (Santiago de Compostela, 1973) é doutora en Filoloxía Galega. Escribe dende adolescente e gañou premios como o Repsol de relatos curtos, o Camilo José Cela e o Minerva. A súa primeira novela, Valdamor (Galaxia, 2001), recibiu o Premio Lecturas da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). En Editorial Galaxia publicou tamén o discurso para as Súas Maxestades n’O libro dos Reis Magos (2012).

É autora das monografías A lingua galega entre 1875 e 1916. Situación social e consciencia idiomática (2004) e Vida e obra de Ramón Piñeiro (Galaxia, 2009). Tamén é coautora do Diccionario gallego-castellano, castellano-gallego (Galaxia, 2001) e do ensaio Antero de Quental e Teófilo Braga e a súa relación coas letras galegas (2016). Nos últimos anos publicou O ouro das lúas (Galaxia, 2018), destinada tamén ao público xuvenil, e Esta noite hei de ir a verte (Galaxia, 2021), que coñece xa catro reimpresións.

As súas obras

O ouro das lúas
o-ouro-das-luas
18.25€ CON IVE

COLECCIÓN

Grandes Biografías

A batalla do futuro. Unha biografía de Ramón Piñeiro
A batalla do futuro
38€ CON IVE
Castelao. Construtor da nación. TII 1931-1939
9788491514763
47.25€ CON IVE
Castelao. Construtor da nación. Tomo I. 1886-1930
castelao-construtor-da-nacion-tomo-i
46.20€ CON IVE
Castelao. Construtor da nación. Tomo III 1940-1950
9788491517627
44.15€ CON IVE
Castelao na luz e na sombra
castelao
41.10€ CON IVE
Juana de Vega condesa de Espoz y Mina (1805-1872)
9788491519638-scaled
42.10€ CON IVE
Murguía
murguia
41.10€ CON IVE
Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863)
rosalia-de-castro-biografia
28.65€ CON IVE