Estás aquí:

Código: 2383

Castelao na luz e na sombra

40,00  IVE INCLUIDO
A biografía de Castelao Esta obra recibiu una axuda á edición do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Biografía dunha das figuras fundamentais da historia de Galicia, Castelao na luz e na sombra tamén retrata un período importante da historia do noso país a través dun dos seus protagonistas. Paz-Andrade combina o papel de biógrafo co de historiador, a erudición e a documentación co pulo e a vocación literaria. Amais do poemario Pranto matricial e dun considerable número de ensaios e artigos, Valentín Paz-Andrade dedícalle ao autor de Sempre en Galiza a súa monumental biografía Castelao na luz e na sombra. Escríbea entre abril de 1980 e outubro de 1981; o libro publícase o ano seguinte, cando o autor xa pasa dos oitenta anos. Antes, Paz-Andrade realiza un intenso traballo de investigación e documentación, de recompilación de textos e de consultas con testemuñas. No ano 1986, Ediciós do Castro tira do prelo a segunda edición, corrixida e aumentada, da que se parte para a que publicamos agora, outra volta revisada, co gallo do Día das Letras Galegas. "Valentín Paz Andrade, unha ducia de anos máis novo que Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, coñeceu, conviviu e mesmo foi amigo de Castelao. Compartillaron un tempo, un proxecto e, xa que logo, había complicidade entre eles ata xullo de 1936. Logo o vento da intolerancia, dos outros, esgallounos. Con grande parte desa memoria, a súa autobiografía, e coa dos compañeiros que sobreviviron, que lle forneceron e complementaron datos, compuxo a biografía que aniñaba no seu maxín."

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 704
Deseño: Capa dura
Data Publicación: 11/05/2012
Dimensións 150 x 220 mm. mm.
Colección: Grandes Biografías
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-434-9
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Paz-Andrade, Valentín
valentin

Valentín Paz-Andrade (Lérez, Pontevedra 1898-Vigo, 1987) foi persoa de múltiples ocupacións e difícil clasificación: xornalista, avogado, economista, investigador literario e histórico, intelectual e activo político. Entre os acontecementos que viviu, están a ditadura militar de Primo de Rivera, a República, a frustración da autonomía galega, a Guerra Civil e a ditadura militar de Francisco Franco, a restauración monárquica, a recuperación democrática e o novo Estatuto. Atopou respostas, cando mozo, nas ideas do nacionalismo galego que confluíron na fundación do Partido Galeguista, do que formou parte. Fundou e dirixiu o diario Galicia, unha experiencia referencial na historia do xornalismo galego. Foi candidato galeguista nas eleccións de 1931, 1933 e 1936 e sobreviviu á ameaza mortal do golpe militar de Franco. Participou como profesor nos cursos de pesca que organizou a FAO en diversos países latinoamericanos.

As súas ideas de vincular o futuro político de Galicia co desenvolvemento económico articúlanse en ensaios fundamentais como Galicia como tarea (1957) ou La marginación de Galicia (1970), ademais de dar soporte teórico e práctico a empresas como Pescanova. Representou a Galicia na Comisión negociadora da Transición, entre outros con Jordi Pujol, Felipe González e Santiago Carrillo. Foi senador de 1977 a 1979 e defensor da autonomía desde posicións críticas.

Como poeta, escribiu Pranto matricial, Sementeira do vento e Cen chaves de sombra; como ensaísta, A galecidade na obra de Guimarães Rosa e Galiza lavra a sua imagen, e, como biógrafo de Castelao, a súa obra monumental Castelao na luz e na sombra.

As súas obras

Antoloxía
paz
13.10€ CON IVE

COLECCIÓN

Grandes Biografías

Castelao. Construtor da nación. TII 1931-1939
9788491514763
46.00€ CON IVE
Castelao. Construtor da nación. Tomo I. 1886-1930
castelao-construtor-da-nacion-tomo-i
45.00€ CON IVE
Castelao. Construtor da nación. Tomo III 1940-1950
9788491517627
43.00€ CON IVE
Castelao na luz e na sombra
castelao
40.00€ CON IVE
Juana de Vega condesa de Espoz y Mina (1805-1872)
9788491519638-scaled
41.00€ CON IVE
Murguía
murguia
40.00€ CON IVE
Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863)
rosalia-de-castro-biografia
27.90€ CON IVE