Unha vila dos Estados Unidos vese arrasada por un tornado. Todos puideron escapar agás Bego, unha estudante galega de bacharelato que está de intercambio, quen, ademais de facer fronte á destrución, atopa o cadáver dun rapaz que leva ao pescozo o pano que ela trouxera desde Muros, coas sinaturas de amigos e familia.
Soa, sen saber como o finado se fixo con el, e co medo de poder ser acusada de asasinato, comezará unha investigación contra o reloxo para probar a súa inocencia.
A primeira pista tena clara: o mozo ten un nome tatuado no brazo.
Quen é Stewart Amwer?
(A Coruña, 1978) é licenciado en Filoloxía Inglesa e graduado en Guión e Dirección. Deuse a coñecer en 2002 con Desterro no labirinto (premio de narrativa no VIII Certame Literario da Facultade de Filoloxía, Universidade da Coruña). Foi finalista en varios concursos de guión, entre os que se contan o Proxecto Compostela Plató (Festival Internacional de Cine Curtocircuíto) de 2005 e 2007, con Las manos del alma e Números por letras. En 2019, con Uniformed, recibiu unha mención de honra no concurso do UK Film Festival. En 2022 publicou Hoshi. A voz da pedra fósil, na colección Costa Oeste de Editorial Galaxia.