(A Coruña, 1978), licenciado en Filoloxía Inglesa e graduado en Guión e Dirección, deuse a coñecer en 2002 con Desterro no labirinto (primeiro premio de narrativa no VIII Certame Literario da Facultade de Filoloxía, Universidade da Coruña). Foi finalista en varios concursos de guión, entre os que se contan o Proxecto Compostela Plató (Festival Internacional de Cine Curtocircuito) de 2005 e 2007, con Las manos del alma e Números por letras. En 2019, con Uniformed, recibiu unha mención de honra no concurso do UK Film Festival.
Hoshi. A voz da pedra fósil é a súa primeira novela.