Estás aquí:

Código: 2172

A rolda nocturna

26,90  IVE INCLUIDO
Premio Novela Europea Casino de Santiago 2008
A novela desenvólvese no Londres da posguerra, logo de que a cidade sufrira os bombardeos dos avións alemáns, e conta os acontecementos e os sentimentos que van unir os destinos de catro mozas que intentan superar a memoria das privacións e os sufrimentos padecidos. Con ela, a Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, que Galaxia publica coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Santiago, chega ó seu número 19 e inclúe no seu catálogo unha das autoras máis premiadas entre as escritoras británicas das últimas xeracións. A novela de Sarah Waters pescuda nas raíces da vida de catro personaxes que, no Londres de 1947, sofren as consecuencias da guerra. A novela persegue o fantasma do pasado que obsesiona a Helen e que fai esmorecer a relación prohibida que mantén con Julia, unha autora de éxito a quen coñeceu durante a guerra. Indaga nas razóns polas que Kay, unha heroína dos bombardeos, vaga inconsolable polas rúas da cidade ou na historia de Viv, unha muller nova e engaioladora que non consegue abandonar o seu amante, antigo soldado casado e cabeza de familia. En A rolda nocturna, Sarah Waters destila pouco e pouco os acontecementos e os sentimentos para descubrir o segredo que agochan. Recúa no decurso das vidas dos seus personaxes ata chegar aos meses arrepiantes dos bombardeos alemáns sobre Londres. ¿Que é o que realmente une o destino da xente? A escritora consegue mergullar lectores e lectoras nun xogo de pistas palpitante, inzado de reviravoltas estrañas e complicidades inesperadas que as consecuencias da guerra non fan máis que agudizar.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 524
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 03/12/2009
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Biblioteca Compostela de Narrativa Europea
Nº na colección:
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-250-5
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Waters, Sarah
sarah

Sarah Waters (Gales, 1966) foi profesora de literatura inglesa. A súa primeira novela, Tipping the Velvet, foi adaptada á televisión pola BBC e, coa segunda, Affinity, obtivo o Premio ao Escritor/a Novo do ano 2000, concedido polo xornal The Sunday Times. A publicación da súa terceira novela, Fingersmith, supúxolle o Premio Somerset Maugham, que sinalou a súa consagración definitiva. No 2003 recibiu o premio dos libreiros ingleses e o British Book Awards. En 2009 publicou a novela The Little Stranger.

As súas obras

A rolda nocturna
rolda
26.90€ CON IVE

COLECCIÓN

Biblioteca Compostela de Narrativa Europea

A casa dos encontros
encontros
21.70€ CON IVE
A cea
cea
A desaparición de Esme Lennox
desap
20.95€ CON IVE
A elegancia do ourizo
ourizo
24.50€ CON IVE
A fama. Novela en nove historias
fama
18.40€ CON IVE
A medición do mundo
medicion
22.80€ CON IVE
A pensión Eva
pension eva
17.30€ CON IVE
A pista de area
pista
20.80€ CON IVE