Premio Carlemany 2021
Di Clara que cando Guim a deixou, só pouco antes do seu aniversario dos dezaoito anos, fíxoo porque tiña ganas de “facer cousas”. De vivir a vida. Que non sabía, que non podía saber, que só seis meses despois un accidente de moto o ía deixar en cadeira de rodas e que sería ela quen viviría a vida que el imaxinara. Di que a de Guim terminou sendo unha vida totalmente distinta. Unha onde o que desexaba eran cousas que non podería volver facer ou ter nunca. Ou, polo menos, iso era o que os outros dicían.
A lista das cousas imposibles é a historia de Clara e de Guim. De Guim e de Clara. Unha historia de soños e realidades, de anhelos e de cicatrices. Unha historia de amor e de vida.
Unha novela aditiva, sinxela, pero profunda ao mesmo tempo.
naceu en Mataró (Barcelona) en 1978. Cunha formación interdisciplinaria que vai desde as Humanidades ata o márketing, a súa traxectoria sempre estivo vinculada á palabra. Traballou como contacontos, editora, redactora e directora de márketing, e sempre o fixo traducindo en palabras a emoción e o sentido de cada proxecto, contando a historia que latexaba tras el. A lista das cousas imposibles, Premio Carlemany 2021, é a súa primeira novela.
AUTORÍA FOTO ©David Gonzalvo @davidgonzalvofotos