O sábado 4 de xuño, celebrarase, ás 12:30 h, na libraría Cronopios de Santiago de Compostela, a presentación de Aquí comeza o mar, Premio Blanco Amor 2021, de Blanca Riestra.
Acompañando a autora, estarán a escritora e crítica teatral Inma López Silva, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.
A autora gañou este prestixioso recoñecemento, que é un dos grandes premios literarios do país, cunha historia que retrata A Coruña, en distintos momentos da trama. Esta novela entronca coas tendencias literarias actuais que se cultivan noutros lugares, a través dun estilo que combina xéneros como a literatura e a autoficción, o xornalismo ou a novela da memoria, sen perder como faro literario a forza da subxectividade.
Noire Compostela é asúa primeira novela publicada en galego.