Pagou a pena

En decembro do 2009, os da Compañía Matapiollos Teatro rematamos unha xira cunha obriña de teatro titulada a Rebelión do Monicreque. Con Marta Rivas viaxei, montei, desmontei e actuei. Chegou o momento de descansar e de facer balance e, para min, houbo un día que non vou esquecer. Nunha das primeiras funcións, logo de montar […]
A esmorga de traducir ao galego

Estou a piques de dar remate a tradución de A Esmorga de Eduardo Blanco Amor. Vaise publicar na editorial galesa, Planet, berce das versións en inglés dunha escolma de contos de X.L. Méndez Ferrín, das Cousas de Castelao, e do Vento Ferido de Casares. Coma sempre, a experiencia de traducir un libro galego visibiliza as […]
Mentres que agardaba

Mentres que agardaba, escollín do andel un libro. Era un tomo elixido ao chou dunha antiga enciclopedia de arte. Decidín percorrela visualmente coma quen bota a andar devagariño por unha rúa ateigada de escaparates. Detívenme na páxina 279, seducido por unha obra de Millet, concretamente a que reproducía “A queima da restreba”. Sempre tiven especial […]
Ensimesmados e acomplexados

Hai un par de semanas o Conselleiro de Cultura falou dunha Cultura Galega “ensimesmada e acomplexada”. Foron unhas declaracións pouco afortunadas, que feriron moitas susceptibilidades pero que ademáis, son erróneas. E son erróneas porque afirma algo imposible. Do mesmo xeito que ninguén pode dicir que a auga do mar é seca, tampouco se poden atribuír […]
Un libro prohibido

Seguramente un dos mellores xeitos de animar á lectura é prohibir libros. Falo por experiencia. Na miña casa había unha boa biblioteca e lía todo o mundo, mesmo os que non o sabían facer. Porque nas longas tardes de verán, mentres se cosía ou se lle pasaba o ferro á roupa, meu pai ou unha […]
Borrador do galego

Iso de que a xente do común non entende de técnicas literarias é un falso tópico. Todo o contrario. Algareadas día e noite as neuronas do pobo pola propaganda comercial e política, a nosa materia gris aprendeu a deconstruír e peneirar as mensaxes recibidas e tamén a crear contradiscursos que nada teñen que envexar, tocante […]
Homenaxe na vila de Fisterra

Paso triste e silandeira as páxinas do xornal. Traxedia en Haití, Folga … Reparo na homenaxe que Fisterra lles rendeu aos que perderon a vida no mar, coincidindo co 50 aniversario do afundimento do Bonito. Aqueles once tripulantes nunca apareceron. No acto, amais de bágoas de dor, houbo funeral, cánticos, palabras emotivas, relación nominal das […]
Agora é cando, Galicia é onde

O son dun saxo a bater contra a pedra. E por cada golpe unha nota. E en cada nota unha rapaza que mira directamente aos ollos dun home alto e forte que suxeita nas mans un lanza pelotas de goma. Agora é cando. É sábado. 16 de xaneiro. Son as cinco da tarde. El ten […]