Rolda de prensa arredor de “As múltiples cores da vida”, en Vigo

O xoves 15 de febreiro, celebrarase, ás 13 h, no Edificio Redeiras da Universidade de Vigo, unha rolda de prensa de presentación arredor de As múltiples cores da vida. Corpos, identidades e orientacións sexuais, coordinado por María Victoria Carrera Fernández e Nazaret Blanco Pardo. No acto participarán, María Victoria Carrera Fernández e Nazaret Blanco, coordinadoras do volume; […]

Entender o pensamento político en Galicia

Serxio María Rodríguez Álvarez publica, na colección Ensaio, O pensamento político de Ramón Piñeiro, unha contribución agra á maneira de pensar Galicia. Esta proposta non pretende prescribir, senón entender. Entender, para que hoxe poidamos darlle outra volta máis sobre como queremos que sexa a Galicia do futuro. Ramón Piñeiro, protagonista indiscutible da nosa “batalla cultural” pola definición […]

“Contrabiografía”, unha pescuda das orixes da memoria familiar

Xa está aquí o novo libro de Xabier López López, Contrabiografía. Publicada na colección Literaria, é unha biografía á contra ou non. Un texto da estirpe dos híbridos, o motor desta obra é unha navegación río arriba, unha pescuda das orixes da memoria familiar, unha historia real con trazas de traxedia grega que busca e recrea […]

Galaxia inaugura a colección Ronsel con “Na canella infinita”

Galaxia inaugura a colección Ronsel coa obra Na canella infinita do escritor moañés Juan Parcero. Unha novela na que dúas xeracións atópanse nunha vila, Aferróns, consumida pola droga e poboada de pantasmas e sombras. Corren os anos oitenta, un tempo de gran creatividade e militancia cultural, pero tamén de moitas traxedias persoais, dor e morte. Un achado accidental […]

“Doutor Zhivago” xa está dispoñible en galego

Editorial Galaxia publica na colección Literaria Universal a novela más mítica da narrativa rusa do século XX Doutor Zhivago, de Borís Pasternak, traducida por Aleksandr Dziuba. Publicada por vez primeira, e traducida en Italia en 1957, a publicación de Doutor Zhivago non foi posible en Rusia ata 1988, ao abeiro da soviética Perestroika, e o seu […]

Presentación da novela gráfica “Memorias dun neno labrego”, en Santiago de Compostela

O martes 6 de febreiro, celebrarase, ás 19:30 h, no salón da Fundación Abanca, en Santiago de Compostela, a presentación da novela gráfica Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, adaptado por Iria Aldegunde, organizada polo Ateneo de Santiago. Acompañando a ilustradora, estarán Pilar Sampedro (Ateneo de Santiago); e Fernando Redondo Neira, presidente da Fundación […]

Galaxia publica “Galicia, distrito industrial”, de Antón Baamonde

O libro, publicado na colección Ensaio de Galaxia, está composto por conversas con Daniel Hermosilla nas que a biodiversidade de industrias en Galicia é protagonista. Despois de publicar Unha nova Olanda. De Ferrol a Oporto: as cidades galegas e o norte de Portugal no escenario global, Baamonde volve a interesarse polo funcionamento da política industrial en […]

Galaxia publicará a “Narrativa reunida” de Luísa Villalta

A comezos de abril, a Editorial Galaxia publicará, na súa colección Literaria, o libro de Luísa Villalta, homenaxeada co Días das Letras Galegas 2024, Narrativa reunida, que recolle a obra narrativa que publicou en vida. O volume estará conformado polo libro de relatos Silencio, ensaiamos (1991), un variado conxunto de once narracións nas que xa […]