UNHA HOMENAXE AO CASARES XORNALISTA

O Casares xornalista, o escritor dos pequenos detalles e do día a día fica agora entre as páxinas de Á marxe, 1992. Obra xornalística I e Á marxe, 1993. Obra xornalística II, dous volumes dedicados a recoller os artigos publicados diariamente polo escritor no periódico La Voz de Galicia durante os anos 1992 e 1993 […]

Xesús Constela debuta «desde a calidade» na literatura galega

"Unha nova estrela na Constelación de Galaxia". Así definía o pasado 6 de outubro o editor Víctor Freixanes a Xesús Constela durante a presentación da ópera prima deste último, , que se ergueu en decembro co Premio Torrente Ballester da Deputación da Coruña. O seu Presidente Salvador Fernández Moreda, a súa satisfacción pola consolidación do […]

Dolores Ruiz gaña o Blanco Amor coa novela [i]A illa ignorada[/i]

A illa ignorada é a primeira novela para público adulto desta escritora ata agora coñecida pola súa produción de literatura infantil. Deuse a coñecer en 1998 ao gañar o Premio Barco de Vapor con A lenda do capitán Miñoca, o seu debut. En Editorial Galaxia ten publicado o seu libro Historia do bico Simón. Ademais […]

Falece o destacado galeguista Agustín Sixto Seco

A capela ardente está instalada na igrexa de San Domingos de Bonaval. Mañá venres celebrarase o funeral na igrexa de San Francisco, en Santiago de Compostela, para logo ser soterrado no cemiterio de Boisaca. Tralo seu pasamento, numerosos representantes da cultura e da sociedade galega expresaron o seu pesar polo pasamento do intelectual galeguista. Ademais […]

A Editorial Galaxia ten previsto publicar 116 títulos novos en 2005

É o caso do cumprimento do cincuenta aniversario da aparición de Merlín e familia, libro clave na obra de Álvaro Cunqueiro e da narrativa galega. Para conmemorar este aniversario Galaxia editará un volume ilustrado por artistas e debuxantes. Tamén o centenario do nacemento de Antón Fraguas, que foi cronista xeral de Galicia, lembrarase coa edición […]

Un carballo para Vicente Risco

Dende onte un carballo recorda a Vicente Risco, ao home e ao escritor, na Alameda de Ourense. Esta árbore era unha das favoritas do ourensán e esa preferencia foi unha das cousas que aprenderon sobre a súa figura os preto de douscentos rapaces que participaron na plantación do carballo nun acto organizado pola Editorial Galaxia […]

Un futuro feminino sen xeraquías

Feminino e plural. Deste xeito poderíase definir o conxunto de ensaios que a poeta compostelá María do Cebreiro acaba de dar á luz no primeiro trimestre do 2005 e que publica Editorial Galaxia baixo o título evocador de As terceiras mulleres. A autora que presenta este traballo en Vigo, Santiago e Barcelona, imaxina na obra […]