A illa ignorada é a primeira novela para público adulto desta escritora ata agora coñecida pola súa produción de literatura infantil. Deuse a coñecer en 1998 ao gañar o Premio Barco de Vapor con A lenda do capitán Miñoca, o seu debut. En Editorial Galaxia ten publicado o seu libro Historia do bico Simón.
Ademais da obra premiada, o xurado decidiu recoñecer unha mención especial a outros dous orixinais presentados a concurso, A lei da rotonda e Toda a vida.
O Premio Blanco Amor creouse en 1981 e é promovido e financiado por un consorcio de concellos. Cada ano corre a cargo dun deles a organización do certame, labor que este ano recaeu no de Porto do Son. En 2003 a novela gañadora foi Orixe de Séchu Sende, e en 2002 As voces da noticia de Xosé Monteagudo, ambas as dúas editadas por Editorial Galaxia.