Xesús Constela debuta «desde a calidade» na literatura galega
"Unha nova estrela na Constelación de Galaxia". Así definía o pasado 6 de outubro o editor Víctor Freixanes a Xesús Constela durante a presentación da ópera prima deste último, , que se ergueu en decembro co Premio Torrente Ballester da Deputación da Coruña. O seu Presidente Salvador Fernández Moreda, a súa satisfacción pola consolidación do […]
Dolores Ruiz gaña o Blanco Amor coa novela [i]A illa ignorada[/i]
A illa ignorada é a primeira novela para público adulto desta escritora ata agora coñecida pola súa produción de literatura infantil. Deuse a coñecer en 1998 ao gañar o Premio Barco de Vapor con A lenda do capitán Miñoca, o seu debut. En Editorial Galaxia ten publicado o seu libro Historia do bico Simón. Ademais […]
Falece o destacado galeguista Agustín Sixto Seco
A capela ardente está instalada na igrexa de San Domingos de Bonaval. Mañá venres celebrarase o funeral na igrexa de San Francisco, en Santiago de Compostela, para logo ser soterrado no cemiterio de Boisaca. Tralo seu pasamento, numerosos representantes da cultura e da sociedade galega expresaron o seu pesar polo pasamento do intelectual galeguista. Ademais […]
A Editorial Galaxia ten previsto publicar 116 títulos novos en 2005
É o caso do cumprimento do cincuenta aniversario da aparición de Merlín e familia, libro clave na obra de Álvaro Cunqueiro e da narrativa galega. Para conmemorar este aniversario Galaxia editará un volume ilustrado por artistas e debuxantes. Tamén o centenario do nacemento de Antón Fraguas, que foi cronista xeral de Galicia, lembrarase coa edición […]
A lingüista Teresa Moure gaña a cuarta convocatoria do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2004
Recuperar e facer realidade a case utópica tentativa dunha lingua de uso internacional -alternativa ao inglés- é o babélico proxecto que baralla a lingüista Teresa Moure no seu ensaio, Outro idioma é posible, gañador por unanimidade do IV Premio Ramón Piñeiro de Ensaio que promoven Unión Fenosa e a Editorial Galaxia e que se resolveu […]
Un carballo para Vicente Risco
Dende onte un carballo recorda a Vicente Risco, ao home e ao escritor, na Alameda de Ourense. Esta árbore era unha das favoritas do ourensán e esa preferencia foi unha das cousas que aprenderon sobre a súa figura os preto de douscentos rapaces que participaron na plantación do carballo nun acto organizado pola Editorial Galaxia […]
Un futuro feminino sen xeraquías
Feminino e plural. Deste xeito poderíase definir o conxunto de ensaios que a poeta compostelá María do Cebreiro acaba de dar á luz no primeiro trimestre do 2005 e que publica Editorial Galaxia baixo o título evocador de As terceiras mulleres. A autora que presenta este traballo en Vigo, Santiago e Barcelona, imaxina na obra […]
Os premios da crítica distinguen as apostas de Constela e Fernán Vello
Os Premios da Crítica Española dintinguiron, no seu apartado de lingua galega, dúas obras que representan apostas distintas nas traxectorias dos seus autores. Na modalidade de poesía o galardón recaeu en Territorios da desaparición, de Miguel Anxo Fernán Vello publicado en Galaxia, mentres que en narrativa o premio foi para As humanas proporcións, de Xesús […]