Os Premios da Crítica Española dintinguiron, no seu apartado de lingua galega, dúas obras que representan apostas distintas nas traxectorias dos seus autores. Na modalidade de poesía o galardón recaeu en Territorios da desaparición, de Miguel Anxo Fernán Vello publicado en Galaxia, mentres que en narrativa o premio foi para As humanas proporcións, de Xesús Constela, tamén editado por Galaxia.
No caso de Fernán Vello, este premio distingue por segunda vez unha obra súa. A primeira foi Seivas de amor e tránsito, en 1985. Vinte anos despois Territorio da desaparición representa para os críticos que a designaron gañadora, "unha nova deriva da súa proposta poética". Trátase, segundo o xurado, dun texto que "sen deixar de entender a poesía como celebración e canto, centra as súas preocupacións en realidades exteriores ao eu poemático". Para Constela é o segundo premio que obtén grazas ao seu primeiro libro, pois tamén acodou o Torrente Ballester no 2003. O volume, formado por trece narracións breves, "compoñen o diálogo entre literatura e imaxinación", en palabras do xurado.