Os premios da crítica distinguen as apostas de Constela e Fernán Vello

Os Premios da Crítica Española dintinguiron, no seu apartado de lingua galega, dúas obras que representan apostas distintas nas traxectorias dos seus autores. Na modalidade de poesía o galardón recaeu en Territorios da desaparición, de Miguel Anxo Fernán Vello publicado en Galaxia, mentres que en narrativa o premio foi para As humanas proporcións, de Xesús […]

Moralejo presenta o libro de vivencias escritas no río

Esta obra, como aclara o propio autor nunha nota introdutoria, non é un libro técnico para aprender a pescar troitas nin unha obra literaria. É, segundo o profesor Moralejo, "un libro escrito no río, vivencias, ocorrencias, experiencias e outras encias da mañá pasada no Tambre ou en Pontedeume, o día que picaron ou que non, […]

Fernández del Riego recolle o Premio Blanco Torres "máis merecido"

Del Riego agradeceu o recoñecemento que este galardón supón aos artigos que asinou o ano pasado, destacou que foi precisamente nas páxinas do xornal que Blanco Torres dirixiu en Pontevedra onde publicou as súas primeiras liñas xornalísticas, hai xa 75 anos. Estes primeiros traballos, marcados por unha tinxidura "combativa e ideolóxica", apuntou, deixarían paso anos […]

Grial incorpora o Anuario de Estudos Literarios Galegos ao seu proxecto.

O Anuario Literario, que nesta nova etapa dirixe Dolores Vilavedra, actualízase logo de once anos de publicación ininterrompida. Os obxectivos dos evidentes cambios na maqueta, á parte de adecuárense á imaxe corporativa de Grial, procuran, en palabras da súa directora "facilitar o acceso do lector á información" e lograr que a publicación sexa máis efectiva […]

Tamén en letras galegas

A tradución sobre todos das obras clásicas, constitúe unha das principais materias pendentes da literatura galega, segundo puxo de manifesto o director de Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes. De Romeo e Xulieta a Crime e castigo, pasando por As ondas ou os mellores poetas de Inglaterra e Francia, as referencias máis indiscutibles da historia da […]

O Premio Manuel Murguía 2002 é o testemuño dunha correspondencia mantida ao longo de cincuenta anos polos membros dunha familia de emigrantes galegos en América

Por fin está publicada. É a obra gañadora do Premio Manuel Murguía 2002: As Cartas do Destino. Onte presentouse esta publicación na Deputación Provincial de A Coruña. Os seus gañadores, os mestres Xosé Manoel Núñez Seixas e Raúl Soutelo levaron a cabo unha labor historiográfica para realizala. Basada na correspondencia real que mantiveron alén 50 […]