Editorial Galaxia inaugura a exposición: [i]Travesías. Galicia terra de navegantes[/i] con sede en Vigo, Pontevedra e Ferrol

Categoría: Nova

Travesías é unha exposición multicéntrica que nos fala de tres viaxes oceánicas vinculadas estreitamente con Galicia, mergúllase no mundo do mar dun xeito didáctico e ameno, para mostrar a evolución do coñecemento náutico ao longo dos tempos.

Pretende que o visitante integre na súa memoria histórica as relacións que as xentes do pasado estableceron co mar, que experimente, o visitante, a través dos módulos da exposición, a dificultade e a vertixe da paixón mariñeira. Inmersa nestas premisas, Travesías disponse en catro seccións expositivas, distribuídas en tres sés: Vigo, Pontevedra e Ferrol, o percorrido dalle ao visitante a información necesaria para obter esa visión de Galicia en relación coa navegación da que falamos.

VIGO: á parte de Travesías sita en Vigo, na Casa das Artes, comeza cunha sección introdutoria sobre a evolución do coñecemento xeográfico, a segunda sección descobre ao longo de varios módulos dúas das tres viaxes oceánicas propostas, seguindo os periplos dos seus protagonistas.
Unha terceira parte dan conta do buque e os instrumentos náuticos, facilitando unha perspectiva sinxela e cabal da navegación a vela no decurso do tempo. Por último a cuarta sección é unha Galería de Navegantes galegos, testemuña da vocación mariñeira de Galicia.
PONTEVEDRA: é unha ampliación da Galería de Navegantes que conforma a sección catro da exposición de Vigo, pero ampliada e complementada coas Salas Náuticas do Museo de Pontevedra, onde está situada a exposición. Salientamos a réplica da sala de oficiais do Numancia, o barco de Méndez Núñez. Como apoio a exposición terán lugar nha serie de conferencias de temas náuticos na súa vertente histórica, literaria e ténica.

FERROL: recolle a cuarta sección da exposición de Vigo, tamén ampliada e axeitada á rica tradición náutica ferrolá, facendo unha extensión á historia da Escola de Pilotos de Ferrol, que dá paso á terceira viaxe oceánica que proponemos: a viaxe da circunnavegación da Nautilus.

Comparte nas túas redes sociais ou por email