Tres autores de Galaxia son galardonados cos Premios da Crítica

Máis de corenta membros de seis xurados diferentes decidiron o pasado sábado 6 de maio de 2006 no Hotel Mondariz de Mondariz Balneario os galardóns da XXIX dos Premios da Crítica de Galicia nas modalidades de creación literaria, investigación, ensaio e pensamento, música, ciencias e artes da representación e iniciativas culturais. No primeiro destes apartados […]

Galaxia lanza a edición en galego do Terceiro Premio de Novela Europea.

O día 19 de abril de 2006 presentouse no Casino de Santiago o III Premio de Novela Europea concedido ao libro Xuntos e máis nada editado por Galaxia. O concorrido acto contou coa asistencia da autora, Anna Gavalda, que viaxou a Compostela expresamente para recoller o seu galardón. O certame suma enteiros coa repetición por […]

Galaxia convoca unha mesa redonda arredor da tradución en Galicia.

Editorial Galaxia convoca na Feira do Libro de Compostela unha mesa redonda para abrir un dialogo, unha reflexión compartida, un debate sobre o momento que está a vivir a tradución de obras doutras literaturas no panorama literario galego do momento. Esta cita en Compostela cos libros ao aire reúne motivos abondo para non ignorala. Un […]

Dúas obras de Galaxia son traducidas ao portugués por Deriva Editores

Antón Riveiro Coello e Xurxo Borrazás atópanse xa nos andeis das librarías portuguesas. As rolas de Bakunine é o título en portugués da obra do escritor da Limia que ten vendidas en galego xa catro edicións e que ademais acadou o Premio García Barros de novela no ano 2000. A edición portuguesa de Deriva inclúe […]

María Rosa Lojo presenta en Galicia "A fin da terra"

"Gustaríame que meu pai, onde queira que agora estea, puidese oírme e presenciar este acto". Moi emocionada, María Rosa Lojo falou do libro e, sobre todo, da memoria do seu pai, xa falecido, nunha noite de forte choiva que non impediu que o público enchese o Café Casino de Santiago de Compostela. Entre os asistentes […]

A Federación de Libreiros de Galicia premia a Teresa Moure como a mellor autora do ano

A Federación de Libreiros de Galicia concedeulle a Teresa Moure o premio "Irmandade do libro" no apartado de "Autora do ano" como recoñecemento á súa obra ensaística e de ficción. Teresa Moure é doutora en Lingüística Xeral e exerce a docencia nas facultades de Filosofía e Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Na súa […]