Dúas obras de Galaxia son traducidas ao portugués por Deriva Editores

Categoría: Nova

Antón Riveiro Coello e Xurxo Borrazás atópanse xa nos andeis das librarías portuguesas.

As rolas de Bakunine é o título en portugués da obra do escritor da Limia que ten vendidas en galego xa catro edicións e que ademais acadou o Premio García Barros de novela no ano 2000.

A edición portuguesa de Deriva inclúe a obra na súa colección "Narrativas" na que xa apareceran outros títulos publicados por Galaxia como A estraña estrela de Xabier López López ou Os ciclos do bambú de Xavier Queipo.

Riveiro Coello foi levado ao portugués da man de Dina Almeida, quen fixo unha tradución coidada que respeta a linguaxe do orixinal galego.

Tamén foi Dina Almeida quen traduciu Ser ou non de Borrazás ao portugués, e fíxoo coa mesma pulcritude que no caso da anterior. Tamén na colección "Narrativas" é onde Deriva edita ao escritor de Carballo e ao seu Ser ou non.

Comparte nas túas redes sociais ou por email