Galaxia estará na Feira do Libro de Rianxo

Hoxe comeza a Feira do Libro de Rianxo, a novena nesta nova edición, que estará aberta ata o 27 de xullo. Celebrarase na Praza de Castelao. Editorial Galaxia estará presente coa seguinte programación: Sábado 27 de xullo, ás 19:30 h. Espectáculo infantil con Pakolas arredor de A Ramona pequena vai á Lúa. Un álbum publicado na colección […]

Xa podedes visitar a exposición “Luísa Villalta. A música das palabras”, en Vigo

Despois de estar dispoñible, dende maio, na “Cidade Alta”, como adoitaba nomear a poeta á súa querida Coruña, a exposición sobre a homenaxeada nas Letras Galegas deste ano visita a cidade olívica. Onte celebrouse, no Museo do Mar de Galicia, a inauguración da exposición Luísa Villalta. A música das palabras. Unha mostra promovida pola Xunta […]

Convócase o XVI Premio de poesía Victoriano Taibo

O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM), en colaboración co Concello de Gondomar e a Editorial Galaxia, convoca o XVI Premio de poesía Victoriano Taibo, dotado con unha escultura conmemorativa de Fino Lorenzo e até 4000 €, dos que 3000 € serán en concepto de adianto por dereitos de autoría e 1000 € no caso de que a […]

Un canto de amor ao “Vrao”

Vrao é o novo poemario, publicado na colección Árbore, de Lois Alcayde Dans, un canto de amor a un dos momentos máis fermosos do ano e todo o que implica. A través destes versos, navegamos os mares infindos, paseamos polas tardes de sol, coñecemos as amizades pasaxeiras e perdémonos polos montes poboados por animais de […]

Inauguración da Exposición “Luísa Villalta. A música das palabras”, en Vigo

Despois de estar dispoñible, dende maio, na cidade da Coruña, a exposición sobre a homenaxeada nas Letras Galegas deste ano visita a cidade olívica. O luns 22 de xullo, celebrarase, ás 19 h, no Museo do Mar de Galicia, a inauguración da exposición Luísa Villalta. A música das palabras. Unha mostra promovida pola Xunta de […]

Entréganse os premios do Reto Lector 2024

Elena Corbacho, natural de Vigo, gañou esta cuarta edición da campaña de fomento da lectura promovida dende a Editorial Galaxia cun vídeo no que anima a ler As alumnas, Premio de Literatura Dramática, de Paula Carballeira. Declaráronse ademais outros dous vídeos finalistas. No día de onte, 17 de xullo, entregáronse na sede de Editorial Galaxia, […]

Entrega do Premio de Ensaio Camiño de Santiago a Laura Méndez Vergel

O xoves 18 de xullo, celebrarase, ás 13 h, no Pazo de San Roque, a entrega do Premio de Ensaio Camiño de Santiago a Laura Méndez Vergel por “O camiño de Santiago. Guía de guías“. Acompañando a gañadora, estarán Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua; Xesús Palmou, presidente da Academia Xacobea; Marcelino Agís, membro […]

Xa está dispoñible o primeiro capítulo de “Economía e poesía: Rimas internas”, de Yolanda Castaño

Yolanda Castaño, unha das voces referentes da literatura galega, publica, en Editorial Galaxia, o seu primeiro libro de Ensaio, Economía e poesía: Rimas internas, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2023. A autora amosa, nesta publicación, unha gran capacidade para abrir debate arredor dun elefante na habitación: a profesionalización do mundo cultural e a necesidade de dignificar […]