Galaxia na Feira do Libro de Vigo

O pregón inaugural desta edición estivo a cargo de Camilo Nogueira, que vén de publicar os ensaios Europa, o continente pensado e Galiza na Unión, sobre a construción da Unión Europa e a súa significación para Galiza. Xosé Carlos Caneiro obsequiou o público cun recital literario-musical para presentar a súa última novela A vida nova […]

Remata o ciclo de conferencias sobre Xosé María Álvarez Blázquez

Presentaron o acto Xesús López Carreira, Concelleiro de Cultura do Concello de Vigo, institución que patrocinou este ciclo de conferencias, e Francisco Castro, comisario da exposición "A palabra e os días. Homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez", que permanecerá aberta ao público ata o vindeiro domingo 25 de maio. O numeroso público que ateigou a […]

Xosé María Álvarez Blázquez e o Día das Letras Galegas

Carlos L. Bernárdez preparou para a colección LETRAS GALEGAS a Vida e obra de Xosé María Álvarez Blázquez, unha viaxe pola vida e o tempo histórico de Álvarez Blázquez, que presenta a significación da súa obra e escolma unha serie de textos representativos, tanto en verso como en prosa, cunha interesante aportación gráfica. Outra das […]

Miles de galegos polo dereito á lingua

A pesar da chuvia as rúas de Santiago de Compostela enchéronse de manifestantes, encabezados por unha pancarta portada por nenos na que se podía ler "Súmate connosco ao futuro do galego". A continuación, e portando a faixa co lema da manifestación, "Polo dereito a vivirmos en galego", ían os membros da Comisión Permanente da Mesa […]

Xan Bouzada coordina o número 177 da revista Grial

O que propoñemos neste número de GRIAL é unha reflexión sobre o sistema, as estratexias, mesmo nalgún caso as políticas educativas na nosa sociedade contemporánea, primeiro: considerando que a educación segue a ser un dos grandes mecanismos de socialización; segundo: que en ningún caso é un mecanismo neutral, nin inocente, senón que responde aos intereses […]

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

As Árbores de Galaxia están repletas de froitos este ano. Novos libros para todos os banzos lectores, pero tamén libros de sempre que recuperamos en novo formato, como é a volta dun dos personaxes literarios máis populares das nosas letras: Ramón Lamote. Vintetres anos despois daquela primeira descuberta: Das cousas de Ramón Lamote, coa que […]

Premios para autores de Galaxia

Inma López Silva gañou o Premio Blanco Amor 2007, organizado nesta edición polo Concello de Lugo, pola novela Memoria de cidades sen luz, na que recupera a época da Guerra Civil e o florecemento de galeguismo histórico na Coruña dos anos 30. Convértese así na terceira muller en obter este premio, tras Ursula Heinze e […]