Blog de "A vida nova de Madame Bovary"

Velaquí un adianto da primeira entrada do autor, coa que quedará inaugurado este blog literario: "Esta novela naceu do corazón, pero eu non sei se é ese o lugar onde deben nacer as novelas. Empecei a escribila hai cinco anos. Remateina no outono de 2007. Imaxino que isto é o primeiro que debía afirmar para […]
Xosé María Álvarez Blázquez na rede

Xa é posible ter acceso á vida, o tempo e a obra de Xosé María Álvarez Blázquez desde a web da Editorial Galaxia. Galaxia pon a disposición de todos os internautas a oportunidade de navegar polos paneis da exposición celebrada en Vigo, A palabra e os días, patrocinada pola Consellaría de Cultura da Xunta de […]
"Ollos de auga" no Times Literary Supplement

Na recensión do Times Literary Supplement, o crítico literario Daniel Jeffreys cualifica ao detective Caldas como "un embaixador da cultura galega" no mundo e salienta o estilo transparente e a crítica social presente na novela de Domingo Villar como unha característica que o vencella coa obra do mestre do xénero negro, o norteamericano Raymond Chandler. […]
A exposición "Homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez" en Pontevedra

Unha viaxe pola biografía e a obra dun autor fundamental na edición galega, a quen este se adica este ano o Día das Letras Galegas. O visitante poderá achegarse a súa obra a través do material bibliográfico exposto, tanto da súa autoría como da súa faceta de editor, e a súa vida a través dos […]
Novo director xerente da Fundación Carlos Casares

Cúbrese así o posto no organizativo que quedara baleiro coa marcha de Damián Villalaín a Santiago para ocupar un posto de asesor do Presidente da Xunta. Gustavo A. Garrido fóra colaborador de Carlos Casares dende 1989 no consello de redacción de GRIAL, director da colección de Galaxia "Galicia no espello" e, dende 2006, é responsable […]
"Xosé María Álvarez Blázquez. Ourive de libros"

Esta iniciativa de Editorial Galaxia e El País volveu poñer na rúa 22 títulos da popular colección de peto ideada por Xosé María Álvarez Blázquez, reproducidos en formato facsimilar. Xosé María Álvarez Blázquez. Ourive de libros, biografía do editor, é o último título da serie e o único que non aparecera na etapa orixinal. Incorporámolo […]
Alberto Lema presentou "Unha puta percorre Europa"

Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, presentou o acto e desculpou a Constantino Bértolo, director editorial de Caballo de Troya, que vén de publicar o libro en castelán en tradución de Iris Cochón. Bértolo non puido acompañarnos nesta presentación como era o seu desexo e Oriana Méndez foi a encargada de ler o texto […]
Renace a colección Tartaruga de Editorial Galaxia

Cun novo formato, novidoso e cheo de cor, reaparecen "os tartarugas" da man de Antonio García Teijeiro (Coplas, Aloumiños), Palmira G. Boullosa (Arrolos, Adiviñas) e David Otero (Por se che pasa), tres autores pioneiros no traballo de producir textos para os primeiros lectores. Nos cinco libros atoparemos historias cheas de música e de ritmo, todas […]