Freixanes, Bieito Iglesias e Antón Riveiro ensalzan en Noia a habilidade de AgraFoxo como narrador

Tres autores xa consagrados deron a súa opinión sobre Unha viaxe no Ford T, destacaron a súa habilidade narrativa, a capacidade para crear un estilo propio e anovador que serve de punto de encontro para as viaxes e a literatura e a orixinalidade á hora de casar realidade con ficción. Víctor Freixanes confesaba sentir empatía […]
Galaxia recupera as memorias de Franco Grande

Galaxia publica Os anos escuros nunha nova edición moi ampliada. Franco Grande é capaz de transmitir aos lectores o ambiente do que foi a resistencia cultural dunha xeración en plena ditadura franquista. A renovación da Real Academia Galega, o papel de figuras como Ramón Piñeiro, Borobó e Domingo García-Sabell e a evolución do galeguismo ata […]
Editada a Obra Literaria Completa de Fole
Como a maioría dos autores galegos da súa época, Ánxel Fole (Lugo 1903-1986) comezou escribindo en castelán e continuou utilizando esta lingua durante o resto da súa vida. O lector xa coñece a súa produción en galego reunida nos dous volumes da súa Obra Completa publicados por primeira vez no 97; por iso agora facíase […]
O historiador Ramón Villares presenta hoxe en Ferrol 'A historia de Galicia'

O libro recolle datos do Lugo romano, a Compostela de Xelmírez, a Pontevedra dos mareantes e mercadores, o Ferrol ilustrado, a Coruña medieval, o Vigo industrial e o Ourense da Xeración Nós. Asemade, tamén se fala no volume de Villares das épocas do humanismo e dos Austrias, da Galicia sueva, do caciquismo e do período […]
Homenaxe a Avelino Pousa en Láncara

Ramón Villares escribiu a laudatio do homenaxeado, suliñando tres características da súa personalidade: a súa condicion de mestre, formado na tradición da Segunda República; a súa vocación agrarista, que empezou a desenvolver arredor da Escola Barreiros en Lugo e que experimentou tamén en Canarias e Zaragoza, e a súa entrega a causa do galeguismo, promotor […]
25 anos de cultura galega

A exposición, que nace con vocación itinerante, está patrocinada por Caixanova, pola Presidencia da Xunta de Galicia, pola Consellería de Cultura e Deporte e mais polo Consello da Cultura Galega, que é a institución que a promove, coincidindo cos actos conmemorativos do seu XXV aniversario. Os comisarios de Galicia 25. Unha cultura para un novo […]
Blog de "A vida nova de Madame Bovary"

Velaquí un adianto da primeira entrada do autor, coa que quedará inaugurado este blog literario: "Esta novela naceu do corazón, pero eu non sei se é ese o lugar onde deben nacer as novelas. Empecei a escribila hai cinco anos. Remateina no outono de 2007. Imaxino que isto é o primeiro que debía afirmar para […]
Xosé María Álvarez Blázquez na rede

Xa é posible ter acceso á vida, o tempo e a obra de Xosé María Álvarez Blázquez desde a web da Editorial Galaxia. Galaxia pon a disposición de todos os internautas a oportunidade de navegar polos paneis da exposición celebrada en Vigo, A palabra e os días, patrocinada pola Consellaría de Cultura da Xunta de […]