O historiador Ramón Villares presenta hoxe en Ferrol 'A historia de Galicia'

Categoría: Nova

O libro recolle datos do Lugo romano, a Compostela de Xelmírez, a Pontevedra dos mareantes e mercadores, o Ferrol ilustrado, a Coruña medieval, o Vigo industrial e o Ourense da Xeración Nós. Asemade, tamén se fala no volume de Villares das épocas do humanismo e dos Austrias, da Galicia sueva, do caciquismo e do período que vai dende a Guerra Civil á construción do réxime da autonomía, cunha atención especial á evolución do galeguismo no exilio e no exterior.

O acto de presentación terá lugar ás oito da tarde na Galería Sargadelos e contará coa participación do propio autor e dos historiadores Juan Rodríguez Villasante e Guillermo Llorca, así como do director xeral de Galaxia, Víctor Freixanes.

Comparte nas túas redes sociais ou por email