Galaxia recupera as memorias de Franco Grande

Categoría: Nova

Galaxia publica Os anos escuros nunha nova edición moi ampliada. Franco Grande é capaz de transmitir aos lectores o ambiente do que foi a resistencia cultural dunha xeración en plena ditadura franquista.
A renovación da Real Academia Galega, o papel de figuras como Ramón Piñeiro, Borobó e Domingo García-Sabell e a evolución do galeguismo ata a chegada da democracia son algúns dos eixos que Xosé Luís escolle para trazar o retrato dun tempo no que a cultura serviu como fronte de resistencia fronte á represión franquista das revindicacións de Galicia como cultura e nación con identidade de seu.
A reflexión sobre o pasado e a recuperación da memoria histórica fan de "Os anos escuros" un libro indispensable para entendermos a Galicia de hoxe. Feitos e persoeiros de toda unha época xorden das páxinas deste libro, no que historia, lembranzas e literatura conflúen para nos achegar parte da realidade galega do século XX nunha visión persoal e intensa.

Comparte nas túas redes sociais ou por email