Un libro necesario

Poucas veces un libro semella tan oportuno, tan interesante, tan esclarecedor do contexto e dos protagonistas, ese conflito que volve teimosamente, unha e outra vez, ás páxinas dos xornais. Nas cadeas todas da televisión mundial vense as imaxes da traxedia Palestina, da furia de Israel, das razóns (ou sinrazóns) de uns e de outros, esa […]
Caeu o pinsapo

O pai de Ramón Otero Pedrayo plantou un pinsapo (non exactamente unha araucaria, como sempre se dixo) o mesmo día do nacemento do fillo, en 1888. Durante anos, árbore e neno medraron xuntos, ata que en 1972 outro furacán abateu a vella árbore, que daba sombra á casa dende o xardín. "O meu irmanciño", gustaba […]
2009. Comeza o Ano Ramón Piñeiro

En realidade, o Ano Ramón Piñeiro empezou o pasado día 19 de decembro coa lectura da tese de doutoramento do profesor Miguel Barros sobre o intelectual galeguista. Contra a primavera Galaxia publicará en dous volumes este traballo, que mereceu a máxima calificación dun tribunal presidido por Ramón Villares Paz na facultade de Ciencias Políticas da […]
Fina Casalderrey fala do amor e da literatura

Primeiro de todo, un tópico: ¿que significa para ti ser este ano a autora homenaxeada no Salón do Libro? Se por tópico entendemos o que resulta evidente e coñecido, sinto que a miña resposta tamén vai ser tópica: non quero pararme a reflexionar se son merecente ou non desta fermosa honra -iso daríame vertixe e […]
QUE NON FALTEN LIBROS

Os pais e as nais queremos o mellor para as crianzas e sabemos que todo o que lle deamos é sempre pouco. Por iso é importante, sabémolo, desde moi nenos fomentar o amor polos libros e a lectura. Non hai contraindicacións. Todo son beneficios. Ler só fai ben. E hai libros para todas e para […]
GRIAL conmemora os primeiros pasos da radio en Galicia

As primeiras emisións de Unión Radio Galicia escomenzaron arredor do 15 de xaneiro dese ano. Disque Antón Fraguas foi o seu primeiro locutor de continuidade, locutor afeccionado e espontáneo, en período de probas, e que o primeiro sinal foi un poema de Fermín Bouza-Brey, segundo gostaba de explicar don Antón, xunto coas badaladas da catedral. […]
OS 96 ANOS DO MESTRE

Francisco Fernández del Riego cumpriu onte 96 activos anos. Don Paco, nado en Lourenzá no ano 1913, é memoria presente do galeguismo histórico e toda unha referencia intelectual para xeracións enteiras de galegos e galegas, así como peza esencial para entender a fundación da Editorial Galaxia, na que participou aquel 25 de xullo de 1950, […]
A revista GRIAL entre as dez primeiras publicacións hispanas nas universidades USA

Na pasada edición do Liber, que se celebrou en Barcelona no mes de outubro, presentouse un informe sobre a presenza das revistas de cultura de ámbito hispano (en castelán, éuscaro, catalán e galego) nas universidades norteamericanas. O informe, promovido por ARCE (Asociación de Revistas Culturales de España), foi realizado polo profesor Adán Griego, "curator for […]