QUE NON FALTEN LIBROS

Categoría: Nova

Os pais e as nais queremos o mellor para as crianzas e sabemos que todo o que lle deamos é sempre pouco. Por iso é importante, sabémolo, desde moi nenos fomentar o amor polos libros e a lectura. Non hai contraindicacións. Todo son beneficios. Ler só fai ben. E hai libros para todas e para todos. Os pequechos da casa aman ler e escoitar boas historias.
Un cativo que é namorado na primeira infancia polo sabor da literatura é un lector para sempre.
E facermos fillos e fillas lectores tamén é agasallar.
Daquela, esta noite, que non falten os libros.
Porque unha biblioteca chea é unha promesa de futuro.
No noso blog, facendo clic á dereita, ofrecémosche algunhas suxestións ben interesantes.

Comparte nas túas redes sociais ou por email