Un libro necesario

Poucas veces un libro semella tan oportuno, tan interesante, tan esclarecedor do contexto e dos protagonistas, ese conflito que volve teimosamente, unha e outra vez, ás páxinas dos xornais. Nas cadeas todas da televisión mundial vense as imaxes da traxedia Palestina, da furia de Israel, das razóns (ou sinrazóns) de uns e de outros, esa […]
Caeu o pinsapo

O pai de Ramón Otero Pedrayo plantou un pinsapo (non exactamente unha araucaria, como sempre se dixo) o mesmo día do nacemento do fillo, en 1888. Durante anos, árbore e neno medraron xuntos, ata que en 1972 outro furacán abateu a vella árbore, que daba sombra á casa dende o xardín. "O meu irmanciño", gustaba […]
2009. Comeza o Ano Ramón Piñeiro

En realidade, o Ano Ramón Piñeiro empezou o pasado día 19 de decembro coa lectura da tese de doutoramento do profesor Miguel Barros sobre o intelectual galeguista. Contra a primavera Galaxia publicará en dous volumes este traballo, que mereceu a máxima calificación dun tribunal presidido por Ramón Villares Paz na facultade de Ciencias Políticas da […]
Fina Casalderrey fala do amor e da literatura

Primeiro de todo, un tópico: ¿que significa para ti ser este ano a autora homenaxeada no Salón do Libro? Se por tópico entendemos o que resulta evidente e coñecido, sinto que a miña resposta tamén vai ser tópica: non quero pararme a reflexionar se son merecente ou non desta fermosa honra -iso daríame vertixe e […]
QUE NON FALTEN LIBROS

Os pais e as nais queremos o mellor para as crianzas e sabemos que todo o que lle deamos é sempre pouco. Por iso é importante, sabémolo, desde moi nenos fomentar o amor polos libros e a lectura. Non hai contraindicacións. Todo son beneficios. Ler só fai ben. E hai libros para todas e para […]
Dúas escritoras para presumir de País

As 12 da mañá do sábado, a escritora, cineasta, xornalista e profesora Margarita Ledo Andión (Castro de Rei, 1951) fará a súa entrada oficial na Academia Galega. Será na facultade de Xeografía e Historia da Unversidade de Santiago onde lerá o seu discurso titulado "Do bucle e da fenda. Para un ensaio crítico sobre a […]
Sexta edición para "Ollos de auga"

Tralo éxito de "Ollos de auga", Domingo Villar traballa agora nunha nova aventura do inspector Leo Caldas que leverá por título "A praia dos afogados". De certo que este novo libro será quen de repetir o mesmo éxito entre lectores e crítica, pois tanto Leo Caldas como o seu axudante aragonés son personaxes inmorrentes no […]
Os principios da radio

Xosé Soengas, Arturo Maneiro, Mónica Rebolo e Víctor F. Freixanes, profesores e especialistas en comunicación, abordan dende distintos ángulos aquela experiencia primeira, vencellada á realidade republicana na Galicia de 1933-1936. O profesor Soengas deseña unha primeira panorámica do que significa a radiodifusión ao longo do século XX; Mónica Rebolo fala da radio exterior, con especial […]