Volve O Alquimista

Naquel xa afastado ano de 1988, cando esta obra de Paulo Coelho viu a luz vendéronse, só naquel ano, 27 millóns de exemplares, dato que pode dar conta aproximada da aceptación que a historia escrita polo autor brasileiro ten para tantas persoas diferentes, pois desde entón non deixou de editarse e reeditarse en practicamente todas […]

Os libros de Galaxia en Google

Semanalmente Google informa dos movementos que se producen no fondo de exposición e promoción editorial que Editorial Galaxia ten no buscador. Na actualidade hai máis de mil títulos galegos que poden ser consultados, segundo o acordo que o pasado ano estableceron as dúas empresas. A curva é espectacularmente ascendente. En novembro de 2008, cando iniciamos […]

DORIS LESSING EN GALEGO

Publicada por primeira vez en 1962, O caderno dourado conta a historia de Anna Wulf, unha muller divorciada, inmersa nunha crise persoal, que decide escribir as súas experiencias en catro cadernos de cor diferente. O caderno negro para a súa vida literaria, o vermello para a política, o amarelo para a vida emocional e o […]

O significado metafísico da Saudade

"Filosofía da saudade", publicado por primeira vez en 1984, recolle os ensaios escritos por Ramón Piñeiro sobre o significado metafísico da saudade como sentimento constitutivo da singularidade do ser, unha das grandes achegas, segundo o autor, da tradición cultural galega e portuguesa á cultura universal. A experiencia da saudade como determinación do home galego, como […]

Galaxia en Google Books

Rodeados de amigos e amigas da editorial e de moito público interesado, comezou o acto coas palabras do director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes quen explicou que o acordo supuña "un salto cualitativo" na vida da editorial. Definiu o acordo con Google Books como un dos fitos máis importantes no eido da difusión da […]

Presentación dos fondos de Galaxia en Google Books

No acto participarán Luis Collado, responsable de Google Book Search España, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, o crítico literario Arturo Casas, e o coordinador de novos proxectos da editorial, Francisco Castro. Hai meses anunciamos o acordo entre a Editorial Galaxia e a empresa transnacional Google para a difusión mundial dos seus fondos literarios […]

Universo Pratt

A partir das catorce entrevistas con Dominique Petifaux, o propio Hugo Pratt percorre os procesos de creación das súas case nove mil pranchas de debuxos, desde As de picas aos seus álbumes de Corto Maltés, personaxe de culto por excelencia do último terzo do século XX. O libro, aparecido por primeira vez en Francia no […]

Un blog para o século XXI

Este blog, en realidade, é un completo xornal electrónico que, ademais de ofrecer as anotacións que irán dando conta do día a día da editorial, será tamén unha fonte de información, opinións, debate e interacción. Nace ao mesmo tempo que se renova o noso portal, agora máis interactivo e con máis servizos. O blog da […]