Universo Pratt

Categoría: Nova

A partir das catorce entrevistas con Dominique Petifaux, o propio Hugo Pratt percorre os procesos de creación das súas case nove mil pranchas de debuxos, desde As de picas aos seus álbumes de Corto Maltés, personaxe de culto por excelencia do último terzo do século XX.
O libro, aparecido por primeira vez en Francia no ano 1991, catro anos antes da morte de Pratt, é a única obra na que este xenial debuxante de cómics conta a súa vida e desvela moitas das claves das que xorde o seu particular universo.
A edición galega, en gran formato e a toda cor, inclúe fotografías, ilustracións, debuxos, acuarelas, reflexións e confidencias dun dos grandes creadores da banda deseñada.

Tamén na Editorial Galaxia podemos ler, na Colección Costa Oeste, "Corto Maltés. Balada do Mar Salgado".

Comparte nas túas redes sociais ou por email