O acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra e Editorial Galaxia, contou coas intervencións de Xaime Toxo, presidente do Ateneo, Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, Antón Riveiro Coello, escritor, e o autor protagonista, Xesús Constela.
Riveiro Coello destacou a capacidade para imaxinar de Constela, e interrogouno sobre as orixes desta novela, na que xoga a desmitificar a propia literatura sen renunciar o humor. Pola súa banda, Carlos Lema fixo fincapé no humor e na intelixencia na construción de metáforas arredor do proceso de creación literaria.
Xesús Constela, despois de agradecer ao numeroso público a súa asistencia e cariño, amosounos os ingredientes a partir dos cales elaborou esta novela: a obra do "tótem literario de Occidente", William Shakespeare, e a xenebra, o compoñente alcohólico.
A xornada rematou coa actuación do grupo Thanrika, formado por Erika e Jonathan, que nos despediron coa guitarra e as súas cálidas voces.