A narrativa galega en Cuba

Categoría: Nova

Trala visita do ano pasado da delegación galega, este ano a nosa literatura terá tamén unha presenza importante.

Na illa caribeña os nosos autores participarán en diversos actos como conferencias e presentacións de diversos libros. A Feira da Habana ten como lema este ano "Ler é crecer" e o país convidado é Chile. Durante esta edición, celebrarase tamén o medio século de vida da Casa das Américas.

A escritora Anxos Sumai participará nunha serie de actos e pronunciará unha conferencia, o vindeiro xoves, que titulou "Ah! Pero si estábais ahí" no que aborda asuntos esenciais no proceso creativo como a conciencia que o autor ou autora ten do seu traballo ou as emocións que senten cando son conscientes de que van ser lidos e os seus libros expostos nunha librería.

Comparte nas túas redes sociais ou por email