Un mes co galego a debate

Dende hoxe e durante todo o mes de decembro, o profesor e investigador Henrique Monteagudo protagonizará o espazo do noso blog que titulamos 'Balcón de libros' e que permite aos autores e autoras manter un coloquio cos seus lectores e un encontro con eles. Neste mes de Nadal, o libro escollido é 'As razóns do […]
La noce

Hoxe cúmprense 30 anos do pasamento de Eduardo Blanco Amor, autor dunha ampla obra literaria e fotográfica mais que conseguiu un nome de seu na historia da nosa literatura grazas a 'A esmorga', para moitos, a obra máis importante da novelística galega de todos os tempos. Xa que logo, hoxe é un día máis que […]
Inauguración da exposición GALICIA 25 na Coruña

A exposición GALICIA 25 que conmemora o cuarto de século do Consello da Cultura Galega e que xa itinerou pola práctica totalidade das cidades galegas, abre hoxe na cidade herculina. O acto de inauguración contará coas intervencións do presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, o director da Obra Social de Caixanova, Guillermo Brea, […]
Marilar Aleixandre, letra E da AELG

A homenaxe 'O Escritor na súa Terra', impulsada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, chega no 2010 a súa XVI edición recaendo, por decisión unánime da súa asemblea de socios e socias, na figura da escritora Marilar Aleixandre. Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da asociación, e tense constituído como unha […]
Galicia na Feira de Guadalajara

Galicia podería ser a cultura invitada á Feira do Libro de Guadalajara (FILE) no ano 2012. Así o comunicou a directora do certame aos representantes dos editores galegos e mais ao director xeral de Promoción Cultural da Xunta de Galicia nunha xuntanza concertada a tal efecto. Nesta edición a Feira estivo dedicada á cidade de […]
Conversando Cuba e Galicia

A Editorial Galaxia publica, dentro da súa colección Dombate, unha selección da obra dun dos principais poetas cubanos contemporáneos, Roberto Fernández Retamar, en edición bilingüe galego-castelán. Poesía que é equilibrio entre a vivencia íntima e a perspectiva panorámica do acontecer colectivo. Ese é o espírito desta Conversa na que o texto orixinal dialoga coa versión […]
Presentación en Vigo de CIRCE OU O PRACER DO AZUL

Hoxe, ás 20 horas, na Casa do Libro de Vigo, preséntase a novela de Begoña Caamaño, 'Circe ou o pracer do azul'. No acto participan Víctor F. Freixanes, Susana Reboreda e a autora. Como remate do acto haberá unha actuación da cantante Uxía. Nesta novela Begoña Caamaño (Vigo, 1964) relata o que nunca se contou […]
Escoitar a voz dunha xeración

Onte recibía o premio Ramón Piñeiro de Ensaio e hoxe, a primeira hora, mantiñamos unha conversa sobre a súa obra, 'Retrato da xeración de 1950. Microhistoria do cambio social na Galicia contemporánea', na que, como el sinala, quixo que as voces dos protagonistas fluísen e se deixasen oír. Lonxe dun estudo sociolóxico ao uso, cheo […]