Manuel Rivas, académico

Nun acto multitudinario ao que acodiron representantes da cultura, da política, do cinema e, sobre todo, unha mestura plural de persoas que querían acompañar ao escritor na súa entrada na Academia Galega, o escritor Manuel Rivas leu o seu discurso de entrada titulado 'A boca da lingua'. Co seu ingreso, entra, dalgunha maneira, a Xeración […]

Cea literaria no García Barros

Arredor dun tema proposto previamente, este ano centrado na cuestión "Para que lectores escribimos? A importancia da masa lectora na literatura galega", durante a sobremesa desenvolveuse un debate que foi aberto por Xosé Antonio Dono, alcalde da Estrada, e polo concelleiro de cultura, Manuel Sanmartín. Logo da intervención de Carlos Lema, director de edicións de […]

O libro electrónico si ten futuro

A decidida aposta pola cultura dixital e a proposta de creación dunha plataforma conxunta para todo o sector foron as conclusións máis importantes do VI Simposio "O libro e a lectura" celebrado os días 12 e 13 de novembro no Consello da Cultura Galega, actividade anual organizada pola sociación Galega de Editores (AGE) co patrocinio […]

Proposta institucional do Consello da Cultura sobre a Lingua Galega ao Parlamento de Galicia

O Consello da Cultura Galega deu a coñecer o pasado venres unha "Proposta institucional sobre a Lingua Galega ao Parlamento de Galicia", aprobada polo Plenario da institución. O documento foi presentado nunha rolda de prensa polo presidente, Ramón Villares, o secretario, Henrique Monteagudo, e o coordinador da Seccción de Lingua, Literatura e Comunicación, Víctor Freixanes. […]

Presentación de A PRAIA DOS AFOGADOS en Nigrán

Co salón de plenos do Concello de Nigrán ateigado, presentouse onte a novela nun acto no que participaron, ademais do autor, o director literario de Galaxia, Carlos Lema, e o concelleiro de cultura Anxo Valverde Pino. Ao remate houbo un animado coloquio dos asistentes co autor, quen tamén tivo a oportunidade de asinar exemplares tanto […]

Yo tamién soi fonte

A pasada fin de semana, nun acto auspiciado por 'Amamantar', organización asturiana de apoio á lactancia materna, e a Concellería de Igualdadade do Concello de Xixón, presentouse en sociedade a versión bilingüe bable-castelán, do libro de Teresa Moure, 'Eu tamén son fonte' ilustrado por Leandro Lamas e que protagonizou, durante todo 2008 e o que […]

Contos para ler e escoitar

'Os sete cabuxos', 'Branca de neve e os sete ananos', 'O galo Quirico' e 'Os catro amigos' son os catro primeiros títulos escollidos pola nosa editorial para presentar a colección 'Audiocontos' que hai unhas semanas chegaron ás librerías de toda Galicia. Presentados no seu día na feira Achegarte, están a ter moi boa acollida nas […]

Poesía sobre a poesía

Coincidindo coa presentación do libro de Antonio García Teijeiro, 'A poesía necesaria' hai dúas semanas, dous dos participantes, os escritores David Otero e Alicia Borrás, recitaron senllos poemas que, dende o noso blog, hoxe ofrecemos para o goce de todos. Poesía necesaria. Todos os días. Para mellorar a saúde en outono.