Proposta institucional do Consello da Cultura sobre a Lingua Galega ao Parlamento de Galicia

Categoría: Nova

O Consello da Cultura Galega deu a coñecer o pasado venres unha "Proposta institucional sobre a Lingua Galega ao Parlamento de Galicia", aprobada polo Plenario da institución. O documento foi presentado nunha rolda de prensa polo presidente, Ramón Villares, o secretario, Henrique Monteagudo, e o coordinador da Seccción de Lingua, Literatura e Comunicación, Víctor Freixanes. Pouco antes Ramón Villares fixera entrega da proposta á Presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, e remitira tamén o documento aos grupos parlamentarios. O CCG propón ao Parlamento que promovoa "a constitución dunha Comisiòn Parlamentaria que, oídas as institucións, colectivos e expertos que considere oportuno convocar, elabore unha proposta de desenvolvemento consensuado do Plan Xeral de Normalización Lingüística".
Dende a ligazón da dereita pode descargarse o PDF coa totalidade do documento.

Comparte nas túas redes sociais ou por email